Siador, Silleda
Siador | |
---|---|
Campo da festa da aldea. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′37″N 8°15′25″O / 42.67684029, -8.256854 |
Poboación | 100 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Siador é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2009 tiña 146 habitantes (78 mulleres e 68 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 100 habitantes (50 homes e 50 mulleres). Nesta parroquia celébranse anualmente a Romaría do Rapaz e a romaría da Saleta.
Historia
[editar | editar a fonte]A parroquia figura co nome de Senator e Seador en varios documentos medievais. É coñecida por atoparse nela o primeiro santuario de España de advocación mariana na honra da Nosa Señora da Virxe da Saleta creado en 1863, que cada 19 de setembro convoca a milleiros de peregrinos. Recentemente creouse tamén un Centro Espiritual Saletino rexentado por misioneiros da orde.
Veciños ilustres
[editar | editar a fonte]En Siador naceron o alcalde republicano de Silleda Emilio Alonso Paz; Benito Rivas Rodríguez, que foi xuíz municipal, e o seu fillo, Benito Rivas Fondevila, alcalde de Silleda entre 1971 e 1973; e Francisco María Rivas Taboada, fundador e benfeitor da Saleta, o seu fillo Elías Vicente Rivas Martínez e o fillo deste, Narciso Rivas Martínez, os dous últimos avogados.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Exiten varios castros nos termos desta parroquia, como o castro do Marco e o castro de Cartimil,así como outros restos arqueolóxicos: as mámoas de Montedas e Gandaracha e os petróglifos da Peneda do Encanto. Destaca o Pazo de Sestelo, propiedade da familia Rivas. No lugar de Penadagra atópase unha sobreira, cuxa idade se estima nuns 600 anos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Siador, Silleda.
-
Igrexa de Siador.
-
Placa sobre a reedificación da igrexa de Siador.
-
Placa Santuario A Saleta.
-
Cruceiro de Siador.
-
Pendellos da Saleta.
-
Peza dun baldaquino na parede dunha casa de Cóscaros.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Siador
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Siador no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
A Barcia | Barro | O Campo | Cartimil | Cóscaros | Costoia | O Currelo | A Gouxa | O Marco | O Outeiro | Penadagra | O Redondo | Sestelo | Siador |